Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 3:5 - Biblia SEPT

5 E os fillos de Israel habitaron entre os cananeos, os hititas, os amorreos, os perizitas, os hivitas e mais os iebuseos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 3:5
16 Iomraidhean Croise  

de xeito que xurdían agarradas entre os pastores de Abram e os de Lot. Daquela habitaban no país os cananeos e os perizitas.


Salomón recrutou para traballos forzados, cousa que rexe ata hoxe, toda a xente non israelita que quedara dos amorreos, dos hititas, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.


Atopaches nel un corazón fiel para contigo, e remataches con el unha alianza para darlle o país dos cananeos, hititas, amorreos, perizitas, iebuseos e guirgaxitas, a el e á súa descendencia. Cumpriches a palabra, porque ti es xusto.


Teño decidido sacarvos da miseria de Exipto e levarvos ó país dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos, unha terra que deita leite e mel.


Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.


Non tomes de entre as súas fillas mulleres para os teus fillos, non sexa que ó prostituírense elas cos seus deuses, leven á prostitución tamén ós teus fillos.


Amalec habita no país do Négueb; o hitita, o iebuseo e o amorreo habitan na montaña, e o cananeo mora onda o mar e na beira do Xordán".


Cando o Señor, o teu Deus, te introduza no país no que vas entrar para o tomares en posesión, e cando expulse da túa presenza pobos numerosos —os hititas, os guirgaxitas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos, sete pobos máis numerosos e poderosos ca ti—


ós cananeos do oriente e do occidente, ós amorreos, ós hititas, ós perizitas, ós iebuseos da montaña, ós hivitas da baixada do Hermón, na terra de Mispah.


En oíndo isto todos os reis da beira do Xordán, das montañas e da Xefelah e de todas as costas do Mar Grande de fronte ó Líbano —os hititas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos—,


E subiu Xudá, e puxo o Señor nas súas mans os cananeos e os perizitas, e abateron en Bézec a dez mil homes.


E atoparon a Adoni—Bézec en Bézec, e loitaron contra el, e venceron ós cananeos e ós perizitas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan