3 cinco príncipes dos filisteos, e todos os cananeos, os sidonios e mais os hititas (que habitaban na montaña do Líbano, desde o monte Baal—Hermón ata Lebo—Hamat).
Daquela, o rei Salomón e o pobo enteiro de Israel, unha grande multitude que viñera de todo o país, desde o paso de Hamat ata o torrente de Exipto, celebraron sete días de festa diante do Señor.
Salomón recrutou para traballos forzados, cousa que rexe ata hoxe, toda a xente non israelita que quedara dos amorreos, dos hititas, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.
Arrincade as vosas tendas e entrade na serra dos amorreos e onda os seus veciños que viven na Arabah, na montaña e na Terra Baixa, no Négueb e na beira do mar. Ollade para o país dos cananeos e para o Líbano ata o río grande, o río Éufrates.
ós cananeos do oriente e do occidente, ós amorreos, ós hititas, ós perizitas, ós iebuseos da montaña, ós hivitas da baixada do Hermón, na terra de Mispah.
Desde Xihor, que está enfronte de Exipto, ata o lindeiro de Ecrón, polo norte —que se ten por cananeo—, os cinco principados dos filisteos: o de Gaza, o de Axdod, o de Axquelón, o de Gad e o de Ecrón, a maiores dos hivitas.
(Seu pai e mais súa nai ignoraban que iso viña de Deus, que buscaba un motivo contra os filisteos, pois naquel tempo os filisteos dominaban en Israel).
E foron os cinco homes e chegaron a Laix. Viron que a xente de alí vivía confiada, ó xeito dos sidonios —tranquila e despreocupada—, sen unha institución que domeara; e que estaban lonxe dos sidonios e non tiñan trato con ninguén.
e o Señor entregounos nas mans de Iabín, rei de Canaán, que reinou en Hasor, e que tiña de capitán do seu exército a Sísera, que vivía en Haróxet dos Xentís.
Os filisteos reuníronse tamén para facer a guerra a Israel. Contaban con tres mil carros, seis mil de cabalería e un exército de a pé coma a area das praias. Subiron a acampar en Micmás ó leste de Bet—Aven.
Tocante ós ratos de ouro, estes correspondían a todas as cidades dos cinco príncipes filisteos, o mesmo prazas muradas como aldeas desgornecidas. A gran pedra na que puxeron a arca do Señor, pódese ver aínda hoxe no eido de Xosué de Betxémex.
Os filisteos preguntaron: —"Que ofrenda expiatoria lle podemos pagar?" Eles responderon: —"Cinco furunchos de ouro e cinco ratos de ouro, conforme o número dos príncipes dos filisteos, xa que a mesma praga vos aflixiu a vós e ós vosos príncipes.