15 E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.
Amasá non reparou na espada que levaba Ioab na outra man. Ioab feriuno con ela no ventre e saíronselle as entrañas. Sen necesidade doutro golpe, Amasá morreu. Despois Ioab e Abixai, o seu irmán, seguiron perseguindo a Xeba, fillo de Bicrí.
Eran arqueiros e tiraban pedras o mesmo coa man dereita que coa esquerda e tiraban frechas co arco. Eran todos de Benxamín, do clan dos irmáns de Xaúl.
Non lle fagades caso a Ezequías, que así fala o rei de Asiria: Facede comigo un pacto de bendición. Saíde para onda min; comede cada un da súa viña e cada un da súa figueira, e que beba cada un da auga do seu pozo,
E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).
E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.