Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 3:12 - Biblia SEPT

12 E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor, e enforteceu Iavé a Eglón, rei de Moab, contra Israel, porque fixeron o mal diante do Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 3:12
15 Iomraidhean Croise  

Naamán, xefe do exército do rei de Aram, era un home de clase, mirado polo seu amo en moita estima, porque por el déralle o Señor vitorias a Aram. Pero este home valente era leproso.


Se te manteño vivo, é para facerche ver a miña forza e para que se fale do meu nome en todo o mundo.


Oufánase a machada ante quen corta con ela? Engrandécese a serra ante quen a move? Levanta a vara a quen a ergue a ela? Ergue o pau a aquel que non é pau?


Acaso non oíches? Hai moito tempo que o veño facendo, desde os tempos de antes véñoo planeando, agora fíxeno chegar; e ti fuches quen arrasou: moreas de pedras que proveñen de cidades fortificadas!


E subirás contra o meu pobo Israel, coma unha nube que cobre o seu país; ó cabo deses días estarás alí e eu fareite entrar en ataque contra o meu pobo, para que as nacións me recoñezan a min, cando ti, Gog, me recoñezas por santo á vista deles.


Que che vou facer, Efraím? Que che vou facer, Xudá? O voso amor é coma a nube da mañá, coma o orballo da madrugada, que pasa.


Xesús respondeulle: Non terías ningún poder sobre min, se non cho desen de arriba. Por iso, o que me entregou a ti ten maior pecado.


E cometeron o mal os fillos de Israel diante do Señor, e serviron ós baales.


E alzouse a ira do Señor contra Israel, e púxoos nas mans de saqueadores, que os abateron, e entregounos nas mans dos inimigos do arredor, e xa non se puideron rexer diante dos seus adversarios.


Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.


e o país quedou tranquilo durante corenta anos. E morreu Otoniel, fillo de Quenaz.


Eles esquecéronse logo do Señor, o seu Deus, e El vendeunos a Sísera, xeneral do exército de Hasor, e entregounos na man dos filisteos e do rei de Moab, que lles fixeron a guerra.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan