Mais cando tiñas descanso, volvían facer o mal diante de ti e ti volvías abandonalos nas mans dos seus inimigos, que os oprimían. Chamaban de novo por ti, e ti, desde o alto dos ceos, escoitabas e librábalos na túa grande misericordia.
Así conquistou Xosué todo o país, segundo lle tiña dito o Señor a Moisés; e deullo en herdanza Xosué a Israel, segundo a súa distribución en tribos. E o país repousou da loita.
E entrou nel o Espírito do Señor, e xulgou a Israel, e saíu á loita, e puxo o Señor nas súas máns a Cuxán—Rixataim, rei de Aram, de xeito que prevaleceu el sobre Cuxán—Rixataim,
E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor, e enforteceu Iavé a Eglón, rei de Moab, contra Israel, porque fixeron o mal diante do Señor.
E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).