10 E entrou nel o Espírito do Señor, e xulgou a Israel, e saíu á loita, e puxo o Señor nas súas máns a Cuxán—Rixataim, rei de Aram, de xeito que prevaleceu el sobre Cuxán—Rixataim,
David saíulles ó encontro e díxolles: —"Se vindes a min con boas intencións, para axudarme, o meu corazón farase a vós, pero se é para enganarme en proveito dos meus inimigos, estando as miñas mans limpas de iniquidade, véxao o Deus de nosos pais, e que el xulgue".
En medio da asemblea, un descendente de Asaf, o levita Iahziel, fillo de Zacarías, fillo de Benaías, fillo de Ieiel, fillo de Matanías, tivo unha inspiración do Señor
Eu baixarei e falarei contigo alí; tomarei do espírito que hai sobre ti e meteréillelo a eles, para que leven contigo o peso do pobo, e non o leves ti só.
Descendeu o Señor nunha nube e faloulle a Moisés; despois tomou do espírito que había nel e infundíullelo ós setenta anciáns. En canto o espírito repousou sobre eles, puxéronse a profetizar; pero nunca máis o volveron facer.
E entrou nel o espírito de Iavé e baixou a Axquelón, e matou a trinta deles, e colleulles los seus vestidos para os que desvelaran a adiviña. E alporizouse e subiu á casa de seu pai.
Daquela entrou nel o espírito de Iavé, e esgazouno coma se esgaza un cabrito, e iso sen ter cousa na man; e non lle contou a seu pai nin a súa nai o que fixera.
Cando chegou a Lehí, os filisteos foron engadados ó seu encontro; pero entrou nel o espírito de Iavé e, daquela, as cordas que levaba sobre os seus brazos foron para el coma fíos de liño cando lles prenden lume, e as correas das mans ceibáronse.
E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e entregounos nas mans de Cuxán—Rixa—taim, rei de Aram—Naharaim, e serviron os fillos de Israel a Cuxán—Rixataim durante oito anos.
Samuel colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns. Desde aquel intre e en adiante o espírito do Señor apoderouse de David. Despois Samuel volveu para Ramah.