e cando os príncipes de Babilonia lle enviaron mensaxeiros para se informaren do prodixio que sucedera no seu país, se Deus o abandonou foi para pólo á proba e coñecer as súas intencións.
Moisés clamou cara ó Señor, e o Señor mostroulle un madeiro que había botar na auga. A auga volveuse doce. Alí deulles leis e normas, e púxoos á proba.
A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".
O Señor, o teu Deus, botará fóra da túa presenza pouco a pouco a estes pobos; non verá conveniente facelos desaparecer rapidamente, non sexa que as feras salvaxes se multipliquen con perigo para ti.
Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e saber o que hai nas túas intencións: se ti querías gardar os seus mandamentos, ou non.
Deste xeito, o xenuíno da vosa fe ten máis valía do que o ouro que, a pesar de ser pasadío, se aquilata no lume e considérase merecente de loanza, gloria e honra cando se revele Xesús Cristo.
e ós fillos dela vounos matar cun andazo. Así coñecerán todas as igrexas que eu son o que sonda os sentimentos e as intencións e o que vos dá a cadaquén segundo as vosas obras.
E aconteceu que, despois da morte de Xosué, foron consultar os fillos de Israel ó Señor: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os cananeos?"
E toda a xeración aquela foise xuntar cos seus pais; e veu despois deles outra xeración que non coñecía ó Señor nin o que tal fixera en favor de Israel.