pero nós non podemos darlles as nosas fillas como esposas (pois os fillos de Israel fixeran este xuramento: Sexa maldito quen lle dea unha muller ós de Benxamín)".
E cando veñan seus pais ou seus irmáns a preitear contra vós, dirémoslles: Sede bos con eles, pois non puideron coller muller para cada home cando a guerra, pois non llelas destes a eles naquel entón, para non incorrerdes en culpa".
E dixeron: —"Quen hai de entre as tribos de Israel que non subise onda Iavé, a Mispah?" Velaquí que non houbo un de Iabex—Galaad que entrase no campamento para a asemblea.
Pero os soldados dixéronlle a Xaúl: —"Como vai morrer Ionatán, despois de acadar esta vitoria para Israel? De ningunha maneira! Vive o Señor que non caerá por terra un cabelo da súa cabeza, pois Deus obrou hoxe por el". Dese xeito o exército salvou a vida de Ionatán, que non morreu.