Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 21:5 - Biblia SEPT

5 E dixeron os fillos de Israel: —"Quen hai de entre todas as tribos, que non subira para a asemblea onda Iavé?" (Pois fixérase un xuramento solemne verbo de quen non subise onda Iavé a Mispah: que de certo había de morrer).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 21:5
8 Iomraidhean Croise  

Maldito quen cumpre o encargo do Señor con pouco xeito, maldito quen retén a súa espada apartada do sangue.


Os homes de Israel fixeran en Mispah este xuramento: —"Ninguén de nós dará a súa filla como esposa a un de Benxamín".


pero nós non podemos darlles as nosas fillas como esposas (pois os fillos de Israel fixeran este xuramento: Sexa maldito quen lle dea unha muller ós de Benxamín)".


E, doídos os fillos de Israel polos de Benxamín, seus irmáns, dixeron: —"Hoxe foi arrincada de Israel unha tribo.


Maldicide a Meroz!, dixo o anxo do Señor; maldicide rexamente ós seus veciños, por non viren auxiliar ó Señor, a axudar ó Señor cos seus guerreiros!


Colleu a parella dos bois, tronzounos e mandou os anacos por todo Israel por mensaxeiros que pregoaban: —"Isto é o que se fará co gando dos que non saian á guerra, detrás de Xaúl e de Samuel". Un medo sagrado arrepiou a toda a xente, que saíu coma un só home.


Os homes de Israel estaban esgotados aquel día, porque Xaúl fixera sobre eles esta imprecación: —"Maldito o que probe bocado ata a tarde, primeiro de que eu me vingue dos meus inimigos". E ninguén probou bocado.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan