Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 21:2 - Biblia SEPT

2 Chegou o pobo a Betel e estivo alí ata o serán diante de Deus. E deron laídos e prorromperon en gran choro;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 21:2
10 Iomraidhean Croise  

Esaú díxolle a seu pai: —"É que non tes, meu pai, máis ca unha bendición? Bendíceme, meu pai, tamén a min". E rompeu a chorar a berros.


E toda a asemblea dos fillos de Israel congregouse en Xiloh, e estableceu alí a Tenda do Encontro; e o país quedoulles sometido.


E, cando o anxo do Señor pronunciou aquelas palabras a todos os fillos de Israel, o pobo botouse a laiar e a chorar.


Erguéronse e subiron a Betel, consultaron a Deus e dixeron os fillos de Israel: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os fillos de Benxamín?" E respondeu Iavé: —"O primeiro será Xudá".


E subiron os fillos de Israel, choraron diante de Iavé ata o serán e consultaron o Señor, dicindo: —"Convén presentar de novo a loita ós fillos de Benxamín, o noso irmán?" E dixo Iavé: —"Subide contra el".


E rubiron todos os fillos de Israel —o pobo enteiro—, chegaron a Betel, choraron diante do Señor, e xaxuaron aquel día ata o serán; ofreceron holocaustos e sacrificios pacíficos diante de Iavé.


E atoparon entre os veciños de Iabex—Galaad catrocentas rapazas virxes, que non tiveran experiencia de se deitaren con homes. E leváronas ó campamento, a Xiloh (que está na terra de Canaán).


e dixeron: —"Por que, Iavé, Deus de Israel, aconteceu isto contra Israel, que lle falte hoxe a Israel unha tribo?"


Os mensaxeiros chegaron a Guibah de Xaúl e contaron o caso ós oídos do pobo. Todo o mundo rompeu a chorar.


David e a xente que ía con el botáronse a chorar, berrando ata acabárselles as forzas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan