Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 21:12 - Biblia SEPT

12 E atoparon entre os veciños de Iabex—Galaad catrocentas rapazas virxes, que non tiveran experiencia de se deitaren con homes. E leváronas ó campamento, a Xiloh (que está na terra de Canaán).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 21:12
8 Iomraidhean Croise  

Abandonou o templo de Xiloh, tenda da súa morada entre os homes.


Ide ó meu templo de Xiloh onde nun principio fixen morar o meu Nome e mirade o que lle fixen por causa da ruindade do meu pobo Israel.


E toda a asemblea dos fillos de Israel congregouse en Xiloh, e estableceu alí a Tenda do Encontro; e o país quedoulles sometido.


Erguéronse e subiron a Betel, consultaron a Deus e dixeron os fillos de Israel: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os fillos de Benxamín?" E respondeu Iavé: —"O primeiro será Xudá".


E subiron os fillos de Israel, choraron diante de Iavé ata o serán e consultaron o Señor, dicindo: —"Convén presentar de novo a loita ós fillos de Benxamín, o noso irmán?" E dixo Iavé: —"Subide contra el".


E isto é o que habedes de facer: poredes en entredito a todo home e mais a toda muller que entendera de deitarse con homes".


E toda a asemblea enviou mandadeiros ós fillos de Benxamín que estaban na Rocha de Rimón e anunciáronlles a paz.


E dixeron: —"Quen hai de entre as tribos de Israel que non subise onda Iavé, a Mispah?" Velaquí que non houbo un de Iabex—Galaad que entrase no campamento para a asemblea.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan