10 E mandou alá a asemblea doce mil homes guerreiros, ós que lles deron esta encomenda: —"Ide e pasade polo gume da espada ós veciños de Iabex—Galaad, incluídas as mulleres e mais os nenos.
entón investiga, examina e pregunta con todo coidado. Se resulta que se establece a verdade, de tal feito que esa abominación se cometeu no medio de ti,
E colleu Xosué a Acán, fillo de Zérah, cos seus cartos, o manto, o lingote de ouro, seus fillos e fillas, o seu asno, o seu gando, a súa tenda e todo o que tiña en presenza de todo Israel, e leváronos ó Val de Acor.
E dixeron os fillos de Israel: —"Quen hai de entre todas as tribos, que non subira para a asemblea onda Iavé?" (Pois fixérase un xuramento solemne verbo de quen non subise onda Iavé a Mispah: que de certo había de morrer).
E dixeron: —"Quen hai de entre as tribos de Israel que non subise onda Iavé, a Mispah?" Velaquí que non houbo un de Iabex—Galaad que entrase no campamento para a asemblea.
Colleu a parella dos bois, tronzounos e mandou os anacos por todo Israel por mensaxeiros que pregoaban: —"Isto é o que se fará co gando dos que non saian á guerra, detrás de Xaúl e de Samuel". Un medo sagrado arrepiou a toda a xente, que saíu coma un só home.
Vai, logo, pelexa contra Amalec, destrúe todo o que ten e non teñas dó del. Mátalle homes e mulleres, rapaces e nenos de peito, bois e ovellas, camelos e burros".