Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 21:1 - Biblia SEPT

1 Os homes de Israel fixeran en Mispah este xuramento: —"Ninguén de nós dará a súa filla como esposa a un de Benxamín".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 21:1
19 Iomraidhean Croise  

Xa que: "No moito se ocupar, vén o sono e nas moitas palabras, a voz do necio".


se xuras "Vive o Señor!" (con verdade, con xustiza e con dereito), El bendicirá por ti os pobos e cubriraos de gloria.


E Xeremías foi onda Guedalías, fillo de Ahicam, a Mispah, e residiu xunto con el entre o pobo que quedara no país.


E xurou. Dareiche o que me pidas, aínda que sexa a metade do meu reino.


O raiar o día, os xudeus fixeron unha conspiración e conxuráronse a non comer nin beber ata mataren a Paulo.


Eu dou fe en favor deles de que teñen fervor relixioso, pero non é un fervor ben entendido.


E saíron todos os fillos de Israel, congregouse a asemblea coma un só home —desde Dan ata Beerxeba e o país de Galaad—, onda Iavé, en Mispah.


e sacaremos dez homes por cada cen de todas as tribos de Israel, e cen por cada mil, e mil por cada dez mil, para collermos fornecemento para o pobo, e facer a incursión contra Guibah de Benxamín, por mor da ruindade que fixo contra Israel".


Os homes de Israel volvéronse contra os fillos de Benxamín e pasaron polo gume da espada a totalidade da vila, comprendido o gando e todo o que atopaban. Ademais prendíanlles lume a todas as vilas que encontraban.


E ergueuse todo o pobo de Israel coma un só home, dicindo: —"Que non marche ninguén á súa tenda, nin lisque ninguén para o seu lar.


pero nós non podemos darlles as nosas fillas como esposas (pois os fillos de Israel fixeran este xuramento: Sexa maldito quen lle dea unha muller ós de Benxamín)".


E cando veñan seus pais ou seus irmáns a preitear contra vós, dirémoslles: Sede bos con eles, pois non puideron coller muller para cada home cando a guerra, pois non llelas destes a eles naquel entón, para non incorrerdes en culpa".


E dixeron os fillos de Israel: —"Quen hai de entre todas as tribos, que non subira para a asemblea onda Iavé?" (Pois fixérase un xuramento solemne verbo de quen non subise onda Iavé a Mispah: que de certo había de morrer).


Que faremos con eles —cos restantes— para procurarlles casamento? (pois nós xuramos polo Señor non lles dar as nosas fillas por esposas)".


Os homes de Israel estaban esgotados aquel día, porque Xaúl fixera sobre eles esta imprecación: —"Maldito o que probe bocado ata a tarde, primeiro de que eu me vingue dos meus inimigos". E ninguén probou bocado.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan