Os xefes vivían en Xerusalén. O resto do pobo botou as sortes para facer vir un home de cada dez para que habitase en Xerusalén, a cidade santa, e os nove restantes nas vilas.
E dicían entre eles: Veña! Botemos as sortes, para podermos coñecer por causa de quen nos acontece esta desgraza. Botaron as sortes e tocoulle a Xonás.
e sacaremos dez homes por cada cen de todas as tribos de Israel, e cen por cada mil, e mil por cada dez mil, para collermos fornecemento para o pobo, e facer a incursión contra Guibah de Benxamín, por mor da ruindade que fixo contra Israel".