8 E ergueuse todo o pobo de Israel coma un só home, dicindo: —"Que non marche ninguén á súa tenda, nin lisque ninguén para o seu lar.
Facer o recto e o xusto, prefíreo o Señor ós sacrificios.
Canto estea na túa man facer, faino! Porque non hai actividade, nin cálculo, nin coñecer, nin Sabedoría no Xeol, para onde camiñas.
E saíron todos os fillos de Israel, congregouse a asemblea coma un só home —desde Dan ata Beerxeba e o país de Galaad—, onda Iavé, en Mispah.
E congregáronse todos os de Israel contra a vila, xunguidos coma un só home.
Xa que todos vosoutros sodes fillos de Israel, ofrecede aquí un consello e unha resolución".
E agora esta é a resolución que tomaremos sobre Guibah: iremos contra ela, botando sortes;
Os homes de Israel fixeran en Mispah este xuramento: —"Ninguén de nós dará a súa filla como esposa a un de Benxamín".
E dixeron os fillos de Israel: —"Quen hai de entre todas as tribos, que non subira para a asemblea onda Iavé?" (Pois fixérase un xuramento solemne verbo de quen non subise onda Iavé a Mispah: que de certo había de morrer).