Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 20:7 - Biblia SEPT

7 Xa que todos vosoutros sodes fillos de Israel, ofrecede aquí un consello e unha resolución".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 20:7
12 Iomraidhean Croise  

Os proxectos asegúranse no consello, fai por tanto a guerra con estratexia.


pois coa estratexia gañarás a guerra e o triunfo está nos moitos conselleiros.


Non se oe falar doutra cousa que da indecencia que hai entre vós; e dunha indecencia tal, que nin entre os pagáns se viu cousa coma ela. Pois chega a darse o caso de que un vive coa muller de seu pai.


Non está ben a vosa fachenda. Non sabedes que un pouco de fermento leveda a masa toda?


Observádeos e poñédeos en práctica, pois isto será a vosa pericia e a vosa sabedoría ós ollos dos pobos. Estes, ao escoitaren todos estes mandamentos, dirán: esta gran nación é o pobo máis experto e máis sabio,


Se algún de vós está necesitado de sabedoría, que lla pida a Deus, que llela dá a todos abondosamente e sen roñar;


E colleron os homes de Israel do fornecemento, sen consultaren a palabra do Señor,


E logo aconteceu cousa semellante desde o día en que os fillos de Israel subiron da terra de Exipto ata o día de hoxe? Matinade sobre ela, cambiade impresións e pronunciádevos". E sucedeu que todos os que a vían, dicían: —"Non houbo nin se viu cousa semellante desde o día da subida dos fillos de Israel da terra de Exipto ata o día de hoxe".


E ergueuse todo o pobo de Israel coma un só home, dicindo: —"Que non marche ninguén á súa tenda, nin lisque ninguén para o seu lar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan