Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 20:6 - Biblia SEPT

6 E collín a miña concubina, tronceina en anacos e envieina por todo o territorio da herdanza de Israel (pois fixeran unha infamia e unha atrocidade en Israel).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 20:6
9 Iomraidhean Croise  

Os fillos de Xacob volvían entón do monte e oíron o feito. Doéronse e alporizáronse moitísimo de que unha infamia así se cometese contra Israel. Hai cousas que non se fan, como a de violar a filla de Xacob.


Non vos contaminaredes con ningunha destas cousas, pois con todas estas cousas se contaminaron as xentes que vou expulsar eu de diante de vós.


Obedeceredes o que vos mando e xamais non faredes cousa contraria ós meus estatutos verbo das abominacións que se cometeron antes de vós, e non vos contaminaredes con elas. Eu son o Señor o voso Deus".


E aquel que fose pillado co consagrado será queimado na fogueira —el e todo o que lle pertence—, pois rompeu a Alianza do Señor e fixo unha ruindade en Israel".


Mentres eles aledaban os seus corazóns, velaquí que os homes da vila —homes fillos de Belial— rodeaban a casa e forcexaban na porta. E dixéronlle ó vello —o dono da casa—: —"Bota para fóra o home que entrou na túa casa, para nos aproveitar del".


E saíu onda eles o dono da casa e díxolles: —"Non, meus irmáns, non obredes mal: xa que este home veu á miña casa, non cometades esa infamia.


Entrou na súa casa, colleu un coitelo, e, agarrando a súa concubina, tallouna en anacos cos seus ósos —en doce cachos—, e espallouna por todos os lindeiros de Israel. E deulles ós mandadeiros a orde seguinte: —"Dirédeslle isto a todo home de Israel:


e sacaremos dez homes por cada cen de todas as tribos de Israel, e cen por cada mil, e mil por cada dez mil, para collermos fornecemento para o pobo, e facer a incursión contra Guibah de Benxamín, por mor da ruindade que fixo contra Israel".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan