O rei mandoulle a Ioab, xefe do exército que ía con el: —"Percorre todas as tribos de Israel, desde Dan a Beerxeba, e fai o censo da poboación, para saber canta xente teño".
Cando os xefes do exército e os seus homes oíron que o rei de Babilonia fixera gobernador a Guedalías, foron a Mispah, onda el. Eran Ismael, fillo de Netanías, Iohanán, fillo de Caréah, Seraías, fillo de Tanhúmet, de Netofah, e Iazanías, fillo de Macah, todos eles cos seus homes.
Entón acordaron pregoar por todo Israel, desde Beerxeba ata Dan, que viñesen a Xerusalén celebrar a Pascua do Señor, Deus de Israel, porque moitos non a celebraban como está mandado.
Todo o pobo, coma un só home, xuntouse na praza que está diante da porta das Augas, e dixéronlle a Esdras, o escriba, que trouxese o libro da Lei de Moisés que o Señor tiña prescrito a Israel.
Os fillos de Rubén e os fillos de Gad posuían numerosos rabaños, moi importantes, e tras contemplar o país de Iazer e o de Galaad, viron que o lugar era sitio propio para rabaños.
E tocoulle a partilla á tribo de Menaxés (pois el era o primoxénito de Xosé). A Maquir, primoxénito de Menaxés e pai de Galaad, por ser guerreiro, déuselle Galaad e Baxán.
Daquela volveron os fillos de Rubén, os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés, e deixaron Xiloh, onde estaban os fillos de Israel, na terra de Canaán, para se dirixiren á terra de Galaad, á terra da súa herdanza, que tiñan asignada pola palabra que dera o Señor por medio de Moisés.
E chegaba Iefté a Mispah, á súa casa, cando súa filla saíu ó seu encontro con pandeiros e con danzas (e era ela a única filla, pois non tiña el máis fillos nin fillas).
Erguéronse e subiron a Betel, consultaron a Deus e dixeron os fillos de Israel: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os fillos de Benxamín?" E respondeu Iavé: —"O primeiro será Xudá".
E rubiron todos os fillos de Israel —o pobo enteiro—, chegaron a Betel, choraron diante do Señor, e xaxuaron aquel día ata o serán; ofreceron holocaustos e sacrificios pacíficos diante de Iavé.
E dixeron os fillos de Israel: —"Quen hai de entre todas as tribos, que non subira para a asemblea onda Iavé?" (Pois fixérase un xuramento solemne verbo de quen non subise onda Iavé a Mispah: que de certo había de morrer).