Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:4 - Biblia SEPT

4 E, cando o anxo do Señor pronunciou aquelas palabras a todos os fillos de Israel, o pobo botouse a laiar e a chorar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:4
13 Iomraidhean Croise  

Mentres Esdras, chorando e prostrado diante do templo de Deus, rezaba e facía esta confesión, unha multitude moi grande de israelitas —homes, mulleres e nenos— foise xuntando a el, chorando sen parar.


Unha reprensión ten máis efecto no home asisado, ca cen fungueirazos no parvo.


Velaí, chegarán chorando; pero entre aclamacións de agradecemento, heinos conducir, heinos levar ós regueiros de auga por un camiño seguro onde non han tropezar. Si, volvereime pai de Israel, e Efraím será o meu primoxénito.


Pero, agora —é o Señor quen fala—, convertédevos a min de todo corazón, con xaxún, con lágrimas e con loito.


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


Ditosos os que agora pasades fame, porque Deus vos fartará. Ditosos os que agora chorades, porque riredes.


botouse por detrás ós pés del chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da súa cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.


Pois unha tristeza segundo criterios de Deus produce un arrepentimento para a salvación, sen volta atrás; mentres que a tristeza por motivos mundanos produce a morte.


Apalpade as vosas miserias, poñede o loito e chorade; que o voso riso se converta en pranto; e a vosa alegría, en tristura.


Por iso tamén eu dixen: non os botarei de diante de vós; e serán para vós coma a tralla no voso lombo; e os seus deuses serán para vós un lazo".


e puxéronlle de nome a aquel lugar, Boquim; e ofreceron alí sacrificios ó Señor.


Os mensaxeiros chegaron a Guibah de Xaúl e contaron o caso ós oídos do pobo. Todo o mundo rompeu a chorar.


Reunidos en Mispah, os israelitas sacaron auga e verquérona diante do Señor. Aquel día xexuaron e alí mesmo confesaron: —"Pecamos contra o Señor". En Mispah xulgou Samuel a Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan