Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:3 - Biblia SEPT

3 Por iso tamén eu dixen: non os botarei de diante de vós; e serán para vós coma a tralla no voso lombo; e os seus deuses serán para vós un lazo".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:3
11 Iomraidhean Croise  

Deron culto ós seus ídolos, caeron nas súas trampas.


Tampouco non os deixarás quedar na túa terra, para que non te fagan pecar contra min servindo ós seus deuses, que serán para ti unha trapela".


Gárdate de facer pactos cos moradores da terra na que entras, para que logo non teñas contigo unha trapela.


Pero se non expulsades de diante de vós ós moradores do país, acontecerá que os que deles ficaren serán para vós como espiñas nos vosos ollos e como lanzas nas illargas, e hanvos perseguir na terra onde habitedes;


Devora a todos os pobos que o Señor, o teu Deus, che vai entregar: que o teu ollo non se entenreza por eles. Non adores os seus deuses, pois son para ti lazo de caza.


estade seguros de que o Señor, o voso Deus, non volverá botar de diante de vós a aqueles pobos: e eles serán para vós rede e lazo, tralla no voso lombo e espiñas nos vosos ollos, ata que desaparezades desta boa terra que o Señor, o voso Deus, vos entregou.


tampouco eu vou botar de diante deles a ningunha das nacións xentís que deixou Xosué cando morreu;


E, cando o anxo do Señor pronunciou aquelas palabras a todos os fillos de Israel, o pobo botouse a laiar e a chorar.


E colleron por esposas ás fillas deles, e déronlles as súas fillas ós fillos deles, e serviron ós seus deuses.


E Guideón fixo un efod e colocouno no seu pobo —en Ofrah—, e prostituíuse alí todo Israel detrás del, resultando así un lazo para Guideón e para a súa casa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan