Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:22 - Biblia SEPT

22 para probar por medio delas a Israel: se van seguir polo camiño do Señor —para iren por el como foron seus pais—, ou non".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:22
12 Iomraidhean Croise  

Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: —"Abraham!" El respondeu: —"Aquí estou".


e cando os príncipes de Babilonia lle enviaron mensaxeiros para se informaren do prodixio que sucedera no seu país, se Deus o abandonou foi para pólo á proba e coñecer as súas intencións.


Mais, dado que El coñece o camiño do meu lar, que me veña probar e hei saír coma o ouro:


Mais ti, Deus, puxéchesnos á proba, refináchesnos como a prata no crisol,


Moisés clamou cara ó Señor, e o Señor mostroulle un madeiro que había botar na auga. A auga volveuse doce. Alí deulles leis e normas, e púxoos á proba.


O crisol proba a prata; o forno, o ouro; e o Señor é quen proba os corazóns.


e se se cumpre o sinal ou o prodixio que che dixo, e logo el di: Camiñemos tralos deuses alleos que non coñecemos e deámoslles culto,


foi El quen che deu a comer no deserto o maná, que teus pais non coñecían, co fin de te aflixir e pórte a proba, para logo facerche ben no teu futuro.


Has de te lembrar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, te fixo camiñar polo deserto durante estes corenta anos para aflixirte e pórte a proba e saber o que hai nas túas intencións: se ti querías gardar os seus mandamentos, ou non.


E deixou o Señor aquelas nacións xentís, en vez de botalas axiña; e non as puxo nas mans de Xosué.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan