Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:19 - Biblia SEPT

19 Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:19
20 Iomraidhean Croise  

Ora que a terra estaba toda enviciada ós ollos de Deus, chea de violencia.


Mais cando tiñas descanso, volvían facer o mal diante de ti e ti volvías abandonalos nas mans dos seus inimigos, que os oprimían. Chamaban de novo por ti, e ti, desde o alto dos ceos, escoitabas e librábalos na túa grande misericordia.


Así non serán coma seus pais, xente rebelde e teimuda, raza de ánimo inquedo, de espírito infiel a Deus.


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, baixa da montaña, porque o teu pobo, o que sacaches de Exipto, perverteuse.


E vós obrastes peor ca vosos pais, pois cada un de vós segue os apetitos do seu perverso corazón, sen me facer caso a min.


Repítenlles unha e outra vez ós que desprezan a palabra do Señor: "Teredes fartura", e a todos cantos seguen a obstinación do seu corazón: "Non vos virá desgraza ningunha".


No tempo aquel chamaranlle a Xerusalén "trono de Deus" e xuntaranse nela todos os pobos polo poder do Señor e por mor de Xerusalén, e xa non volverán a seguir os desexos do seu ruín corazón.


Por isto dille á Casa de Israel: Así fala o meu Señor, Iavé: —Non é verdade que vós vos lixades segundo o vieiro dos vosos pais, e que vos ides prostituír cos seus mesmos ídolos?


Pois veña! Acabade tamén vós de encher a medida de vosos pais!


Si, eu sei ben como vos corromperedes despois da miña morte e como vos apartaredes do vieiro que vos ordenei, e entón a desgraza sairá ao voso encontro naqueles días despois de que fagades o mal ós ollos do Señor, enfadándoo cos feitos das vosas mans".


Israel serviu ó Señor durante toda a vida de Xosué e a dos anciáns que lle sobreviviron e que ollaran todas as obras que o Señor fixera con Israel.


Pero vós abandonástesme e servistes outros deuses. Así que non volverei a salvarvos mais.


E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.


E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e dixo o Señor: —"Xa que o pobo este crebou a alianza que mandei a seus pais, e non escoitou a miña voz,


E serviu o pobo ó Señor durante toda a vida de Xosué e dos vellos que prolongaron os seus días despois de Xosué, e que viran todas as obras grandes que o Señor fixera en favor de Israel.


En morrendo Ehud, volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor,


E aconteceu que, en morrendo Guideón, volveron ás andadas os fillos de Israel e prostituíronse detrás dos baales, e tiveron como deus a Baal—Berit.


A rebeldía é coma pecado de feiticeiros, a teimosía, coma delito de idolatría. Xa que ti rexeitaches a orde do Señor, o Señor rexéitate a ti coma rei".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan