Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:18 - Biblia SEPT

18 E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:18
22 Iomraidhean Croise  

Arrepentiuse de os ter posto sobre a terra, pesoulle no corazón.


Ioacaz implorou entón ó Señor, e o Señor escoitouno, en vista do asoballamento en que tiña a Israel o rei de Aram.


—"A lingua é a nosa forza, contamos cos nosos labios: quen será o noso dono?".


Volve, Señor. Por canto aínda? Apiádate dos teus servos.


Deus escoitou o seu pranto, lembrou o seu pacto con Abraham, con Isaac e con Xacob,


Respondeulle Deus: —"Eu estarei contigo. E este será o sinal de que eu te mando: Cando saques o pobo de Exipto, adoraredes a Deus nesta montaña".


E o Señor renunciou ó castigo co que ameazara ó seu pobo.


Como te vou entregar, Efraím? Como te vou deixar, Israel? Como te vou entregar igual ca Ademah? Como te vou volver igual ca Seboim? O meu corazón revólvese contra min, ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.


Viu Deus as súas obras, como se convertían do seu mal camiño, e arrepentiuse do mal que dixera que lles ía facer, e non llelo fixo.


Cando teñades que saír á guerra, no voso país, contra o inimigo que vos ataca, tocaredes as trompetas con estrondo e o Señor Deus voso acordarase de vós, e seredes liberados dos vosos inimigos.


Si, o Señor faralle xustiza ao seu pobo, e compadecerase dos seus servos, cando vexa que a forza se acaba, e que xa non hai escravo nin libre.


Ninguén se che poderá arrepoñer durante toda a túa vida. Do mesmo xeito que estiven con Moisés, estarei tamén contigo: non te fallarei nin te abandonarei.


E retiraron os deuses alleos do medio deles, e serviron ó Señor, que non puido aturar máis os sufrimentos de Israel.


E púxose Iefté a batallar contra os fillos de Amón e entregounos Iave nas súas mans.


Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.


E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).


E viuno o anxo do Señor, e díxolle: —"Que o Señor estea contigo, home valente!"


E díxolle Iavé: —"Xa que eu estarei contigo, baterás ós madianitas como se dun só home se tratase".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan