Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:16 - Biblia SEPT

16 Máis adiante fixo o Señor xurdir xuíces, e salvounos das mans dos seus saqueadores.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:16
14 Iomraidhean Croise  

no tempo en que puxen xuíces sobre o meu pobo Israel. Dareiche o repouso de todos os inimigos e, por parte, o Señor anúnciache que che dará unha dinastía.


Ti, entón, entregáchelos nas mans do seus inimigos, que os combateron. Na súa angustia, clamaron a ti e ti escoitáchelos desde o ceo; e pola túa gran misericordia dábaslles liberadores que os salvaban da man dos seus adversarios.


isto durou uns catrocentos cincuenta anos. Despois diso deulles xuíces ata o profeta Samuel;


E despois de Abimélec ergueuse para salvar a Israel Tolá, fillo de Puah, fillo de Dodó, un home de Isacar; e habitou en Xamir, na serra de Efraím.


E púxose Iefté a batallar contra os fillos de Amón e entregounos Iave nas súas mans.


E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.


E despois del foi Xamgar, o fillo de Anat, e abateu os filisteos seiscentos homes, cunha queixada dun boi, salvando tamén el a Israel.


Vivía debaixo da palmeira de Déborah, entre Ramah e Betel, na serra de Efraím. E ían onda ela os fillos de Israel para consultala.


Entón volveuse a el Iavé e dixo: —"Vai con esa forza que tes e salva a Israel das mans dos madianitas. E logo non te envío eu?"


E aconteceu polos días en que gobernaban os Xuíces, que había fame no país, e foi un home de Belén de Xudá emigrar ás chairas de Moab, coa súa muller e mais os dous fillos.


O Señor enviou a Ierubaal, a Barac, a Iefté e a Sansón, librouvos da man dos inimigos do arredor e puidestes vivir tranquilos.


Era home valente. Venceu ós amalecitas e librou a Israel dos que o tiñan asoballado.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan