Sabede que eu estou en vela sobre vós para facervos mal e non ben. Todos os xudeus que están no país de Exipto perecerán pola espada e de fame ata o seu exterminio.
Por isto, así fala o Señor: "Velaí: matino contra esta xeración unha desgraza, e non poderedes apartar os vosos pescozos, nin poderedes camiñar dereitos, pois será a hora da desgraza.
Pero o tal profeta, se ten o atrevemento de dicir no meu Nome cousas que eu non lle mandei dicir e fala no nome de deuses alleos, entón morrerá ese profeta.
Os homes de Israel estaban esgotados aquel día, porque Xaúl fixera sobre eles esta imprecación: —"Maldito o que probe bocado ata a tarde, primeiro de que eu me vingue dos meus inimigos". E ninguén probou bocado.
David viuse, daquela, en gran apuro, pois a xente, aflixida, cada un polos seus fillos e as súas fillas, falaban de apedralo. David atopou conforto no Señor, o seu Deus,