Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:13 - Biblia SEPT

13 Abandonaron ó Señor, e serviron a Baal e ás axtartés.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:13
19 Iomraidhean Croise  

Iso é porque me abandonaron a min e adoraron a Axtarté, deusa dos sidonios, a Kemox, deus de Moab, e a Malcom, deus dos amonitas, e non seguiron os meus camiños, facendo o que é xusto ós meus ollos, gardando coma seu pai David os meus mandatos e as miñas decisións.


Salomón deu culto a Axtarté, deusa dos sidonios, a Malcom, ídolo dos amonitas.


O rei profanou aínda os altares dos outeiros de enfronte de Xerusalén, ó sur do monte das Oliveiras, construídos por Salomón, rei de Israel, en honor de Axtarté, ídolo abominable dos sidonios, de Kemox, ídolo dos moabitas, e de Moloc, ídolo dos amonitas.


Por se rebelar contra o Señor, o ano quinto do seu reinado, Xexac rei de Exipto


Queimaba incenso no val de Ben—Hinnom e incluso sacrificou a seu fillo na fogueira, segundo costume aborrecible das nacións que o Señor expulsara ante os israelitas.


Reconstruíu as ermidas dos outeiros derruídas por seu pai Ezequías, levantou altares ós baales, erixiu estelas, adorou e deu culto a todo o exército do ceo;


E diranlles: Porque abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara de Exipto, e seguiron a outros deuses, adoráronos e déronlles culto; por iso botoulles encima esta catástrofe".


Deron culto ós seus ídolos, caeron nas súas trampas.


Ti responderaslles: "Porque vosos pais me abandonaron a min —é o Señor quen fala— para iren tras deuses alleos, dándolles culto e adorándoos; si, abandonáronme a min e non cumpriron a miña lei.


Fíxate: desde antigo rompiches o teu xugo e fixeches saltar as túas piogas, e dixeches: "nunca máis serei servo". Velaquí que sobre todo monte alto, e baixo toda árbore frondosa, ándaste agachando para dáreste á prostitución.


Israel consagrouse a Baal-Peor, e a cólera do Señor acendeuse contra Israel.


Porque, aínda que haxa moitos deuses de nome, tanto no ceo coma na terra e hai efectivamente moitos deuses e moitos señores,


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e serviron ós baales e ás axtartés e ós deuses de Siria, ós deuses de Sidón, ós deuses de Moab, ós deuses dos fillos de Amón, e ós deuses dos filisteos; e abandonaron ó Señor e xa non o serviron.


E cometeron o mal os fillos de Israel diante do Señor, e serviron ós baales.


E os fillos de Israel fixeron o mal diante do Señor, e esqueceron a Iavé, o seu Deus, e serviron ós baales e ás axtartés.


Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.


As súas armas puxéronas no templo de Axtarté e o cadáver pendurárono nos muros de Bet—Xeán.


Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan