Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:12 - Biblia SEPT

12 E abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara da terra de Exipto, e foron detrás dos deuses alleos, dos deuses de pobos que estaban arredor deles, e prostráronse diante deles, e alporizaron ó Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:12
21 Iomraidhean Croise  

Deron culto ós seus ídolos, caeron nas súas trampas.


Cos seus santuarios nos altos provocárono, cos ídolos acenderon os seus celos.


Cando mañá o teu fillo che pregunte: Que significa isto?, ti diraslle: O Señor sacounos con man forte de Exipto, da casa da servidume.


Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos: o Señor sacoute de Exipto con man forte".


Moisés díxolle ó pobo: —"Lembrade este día en que saístes de Exipto, da casa da servidume, cando con man rexa vos sacou de alí o Señor. Non comades pan lévedo nese día.


Será coma un sinal que pos no teu brazo e coma unha lembranza diante dos teus ollos; levarás nos teus labios a lei do Señor, que te sacou de Exipto con man forte.


Non te prostrarás diante delas nin as adorarás, pois eu, o Señor teu Deus, son un Deus celoso. No caso dos que me aborrecen, eu castigo os pecados dos pais nos fillos, nos netos e nos bisnetos.


Ti responderaslles: "Porque vosos pais me abandonaron a min —é o Señor quen fala— para iren tras deuses alleos, dándolles culto e adorándoos; si, abandonáronme a min e non cumpriron a miña lei.


Camiñaredes tralo Señor, o voso Deus, respectarédelo a El, gardaredes os seus mandamentos, escoitaredes a súa voz, darédeslle culto a El e apegarédevos a El.


Se un escoita as palabras deste pacto xurado e se felicita no seu corazón dicindo: Teña eu fartura, que seguirei no endurecemento do meu corazón, porque o que apaga a sede farta de auga a quen pasa sede,


foron darlles culto a deuses alleos e prostrarse diante deles, deuses que antes non coñeceran e que non recibiran no reparto.


Iexurún engordou, e logo couceou; engordaches, colliches graxas, puxécheste brillante, pero rexeitou ao Deus que o creou e deshonrou o Penedo da súa salvación.


El é coma o primoxénito do touro. Gloria a el! Cornos de búfalo son os seus cornos, con eles escorna os pobos, os extremos do mundo ao mesmo tempo. Si, son as multitudes de Efraím! Certo, son os milleiros de Menaxés!


Cando teñas fillos e netos e te fagas vello nesa terra, se te pervertes facendo ídolos da figura de calquera cousa e facendo o que está mal ós ollos do Señor, o teu Deus, enfadándoo deste xeito,


Non te prostrarás en adoración diante delas nin te someterás á escravitude no culto a elas, xa que eu son o Señor, o teu Deus, Deus celoso: para os que me aborrecen, castigo o delito dos pais nos descendentes ata a terceira e cuarta xeración;


ten moito coidado de non te esqueceres do Señor que te sacou do país de Exipto, da situación de escravitude.


E dixo o Señor ós fillos de Israel: —"Cando os de Exipto, e os amorreos, os fillos de Amón e os filisteos,


Elixíanse deuses novos: daquela, tiñan a guerra ás portas. E non se vía escudo nin lanza entre corenta mil en Israel.


E aconteceu que, en morrendo Guideón, volveron ás andadas os fillos de Israel e prostituíronse detrás dos baales, e tiveron como deus a Baal—Berit.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan