Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:11 - Biblia SEPT

11 E cometeron o mal os fillos de Israel diante do Señor, e serviron ós baales.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:11
34 Iomraidhean Croise  

As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do Señor.


Er, o primoxénito de Xudá, era un mal home á vista do Señor, e o Señor fíxoo morrer.


Salomón deu culto a Axtarté, deusa dos sidonios, a Malcom, ídolo dos amonitas.


E el respondeulle: —"Non son eu a ruína de Israel, senón ti e a túa familia, porque abandonastes os mandamentos do Señor e fostes tralos baales.


Ocozías fixo o mal ós ollos do Señor, seguindo o camiño de seu pai, de súa nai e de Ieroboam, fillo de Nabat, que fixera pecar a Israel.


Imitou ó rei de Israel, facendo estatuas ós baales.


Queimaba incenso no val de Ben—Hinnom e incluso sacrificou a seu fillo na fogueira, segundo costume aborrecible das nacións que o Señor expulsara ante os israelitas.


queimou os seus fillos no val de Ben—Hinnom: practicou a adiviñación, a maxia e a feiticería, e instituíu nigromantes e adiviños. Facía continuamente o que o Señor reproba, alporizándoo.


e dos fillos de Azgad: Iohanán fillo de Catán e, con el, cento dez homes;


Pero eles rebeláronse contra ti, rexeitaron a túa Lei, mataron os teus profetas, que os amoestaban a retornar a ti, e fixéronse culpables de grandes ofensas.


Eles tentaron, provocaron ó Deus Altísimo, non gardaron os seus preceptos.


Volveron ás iniquidades dos seus pais, que refugaron facer caso ás miñas palabras. Fóronse tras deuses alleos para lles daren culto. O reino de Xudá e mais o reino de Israel romperon a miña alianza, a que eu fixen cos seus devanceiros.


Ti responderaslles: "Porque vosos pais me abandonaron a min —é o Señor quen fala— para iren tras deuses alleos, dándolles culto e adorándoos; si, abandonáronme a min e non cumpriron a miña lei.


Fíxate: desde antigo rompiches o teu xugo e fixeches saltar as túas piogas, e dixeches: "nunca máis serei servo". Velaquí que sobre todo monte alto, e baixo toda árbore frondosa, ándaste agachando para dáreste á prostitución.


Como te atreves a dicir: "non estou manchada, non fun tras dos baales"? Olla as túas pegadas polo val, e recoñece o que fixeches, lixeira poldriña de camela que trotea o seu vieiro,


Entraron e tomaron posesión dela, pero non escoitaron a túa voz, nin seguiron as túas normas, non fixeron o que ti lles mandaras facer. Por isto fixeches que lles acontecese toda esta desgraza.


Por isto así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: —Velaquí que eu lle hei dar a este pobo o asente por comida, heilles dar bágoas por bebida.


Israel consagrouse a Baal-Peor, e a cólera do Señor acendeuse contra Israel.


Entón o Señor díxolle a Moisés: —"Olla que ti vas deitarte con teus pais, pero este pobo vaise levantar para prostituírse, indo detrás dos deuses dos estraños, os deuses do país onde vai entrar; vaime abandonar a min e quebrantar a Alianza que eu fixen con el.


Cando teñas fillos e netos e te fagas vello nesa terra, se te pervertes facendo ídolos da figura de calquera cousa e facendo o que está mal ós ollos do Señor, o teu Deus, enfadándoo deste xeito,


E clamaron os fillos de Israel ó Señor, dicindo: —"Pecamos contra ti, porque abandonamos o noso Deus e servimos os baales".


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e serviron ós baales e ás axtartés e ós deuses de Siria, ós deuses de Sidón, ós deuses de Moab, ós deuses dos fillos de Amón, e ós deuses dos filisteos; e abandonaron ó Señor e xa non o serviron.


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e púxoos Iavé nas mans dos filisteos durante corenta anos.


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor, e enforteceu Iavé a Eglón, rei de Moab, contra Israel, porque fixeron o mal diante do Señor.


E os fillos de Israel fixeron o mal diante do Señor, e esqueceron a Iavé, o seu Deus, e serviron ós baales e ás axtartés.


En morrendo Ehud, volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor,


Fixeron o mal os fillos de Israel diante de Iavé, e púxoos o Señor nas mans de Madián durante sete anos;


E aconteceu que aquela noite lle dixo o Señor: —"Colle o xovenco de touro que ten teu pai e mais o outro xovenco —o de sete anos—, e chimpa por terra o altar de Baal de teu pai, e corta o cipo que está a carón del,


E aconteceu que, en morrendo Guideón, volveron ás andadas os fillos de Israel e prostituíronse detrás dos baales, e tiveron como deus a Baal—Berit.


Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.


Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".


Os israelitas desbotaron os Baales e as Axtartés e propuxeron servir só ó Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan