10 E toda a xeración aquela foise xuntar cos seus pais; e veu despois deles outra xeración que non coñecía ó Señor nin o que tal fixera en favor de Israel.
Cando se cumpran os teus días e vaias durmir con teus pais, eu establecerei despois de ti un teu descendente, nado das túas entrañas, e farei firme o seu reino.
E ti, Salomón, meu fillo, coñece ó Deus de teu pai e sírveo con corazón perfecto e ánimo xeneroso; porque o Señor esculca os corazóns de todos e penetra todos os pensamentos. Se ti o buscas, atoparalo, pero se o abandonas, refugarate para sempre.
A lira e a arpa, o pandeiro e mais a gaita, acompañan o viño das súas bebedeiras, pero nas obras do Señor non se fixan, non ollan para o que fan as mans do Señor.
Xa ninguén terá que instruír o compañeiro, xa ninguén terá que instruír o seu irmán, dicíndolle: "Respectade o Señor"; senón que todos eles me farán caso, desde o máis noviño ó máis grande —é o Señor quen fala—, pois eu perdoareilles a súa iniquidade, e xa non me lembrarei máis dos seus pecados.
Manexan coma un arco a súa lingua, a mentira prevalece sobre a verdade, e dominan o país, pois dunha maldade pasan a outra, pero e a min non me recoñecen —é o Señor quen fala—.
Entón o Señor díxolle a Moisés: —"Olla que ti vas deitarte con teus pais, pero este pobo vaise levantar para prostituírse, indo detrás dos deuses dos estraños, os deuses do país onde vai entrar; vaime abandonar a min e quebrantar a Alianza que eu fixen con el.