Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 2:1 - Biblia SEPT

1 E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 2:1
41 Iomraidhean Croise  

O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


Hagar púxolle un nome ó Señor que lle falara: —"Ti es o Deus da miña visión". Pois razoaba para si: —"Non vin eu tamén aquí a quen me ve?"


o anxo que me librou de todo mal, bendiga estes nenos. Que resoe neles o meu nome e o de meus pais, Abraham e Isaac, e que se convertan nun xentío sobre a terra".


—"Penso que o teu amor está fundado co mundo, a túa fidelidade asentada cos ceos".


Pero non lles retirarei o meu amor nin faltarei á miña fidelidade;


O Señor loitará por vós. Vós agardade calados".


O anxo de Deus, que ía diante das hostes de Israel, cambiouse e púxose detrás. Tamén se moveu de diante para detrás a columna de nube.


—"Eu son o Señor, o teu Deus, que te saquei da terra de Exipto, da condición de escravitude.


Eu vou mandar o meu anxo diante túa, para que te garde na viaxe e te leve ó lugar que che teño disposto.


O Señor respondeulle: —"Irei eu mesmo contigo e dareiche o repouso".


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


Por mor do teu Nome, non rexeites, non trates a golpes o trono da túa gloria; fai memoria e non rompas a túa alianza connosco.


Recordarei a miña alianza con Xacob, con Isaac e con Abraham, e lembrareime tamén da terra.


Así e todo, mesmo cando estean eles en país inimigo, non os rexeitarei, nin terei noxo deles para os facer desaparecer, rompendo a miña alianza con eles, porque eu son o Señor, o seu Deus.


Logo collín o caxato, a "Bondade", e partino, para romper a alianza que o Señor fixera con todos os pobos,


Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega —fala o Señor dos Exércitos—.


Conforme os corenta días que tardastes en explorar o país, pagaredes a pena das vosas iniquidades: por cada día un ano, isto é, corenta anos; así saberedes o que é o meu castigo.


Poño diante de vós esta terra: entrade a tomar posesión da terra que o Señor lles prometeu con xuramento ós vosos pais, a Abraham, a Isaac e mais a Xacob: que llela daría a eles e á súa descendencia despois deles.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


Has de saber que o Señor, o teu Deus, é Deus: Deus fiel, que mantén a súa alianza e a súa misericordia por mil xeracións cos que o aman e cumpren os seus mandamentos,


E engadiu: —"Nisto coñeceredes que o Deus vivo está entre vós, e que ha de botar de diante de vós ós cananeos, ós hititas, ós hivitas, ós perizitas, ós guirgaxitas, ós amorreos e ós iebuseos.


E logo non acadaches ti o que Kemox, o teu deus, che fixo posuír? Pois tamén nosoutros acadamos o que tiñamos diante, e que o Señor, o noso Deus, nos fixo posuír.


Había un home de Sorah, da familia dos danitas, chamado Manóah. Súa muller era estéril e non procreara.


E aparecéuselle á muller un mensaxeiro do Señor e díxolle: —"Velaquí que ti es estéril e non xeraches; pero concibirás e parirás un fillo.


e puxéronlle de nome a aquel lugar, Boquim; e ofreceron alí sacrificios ó Señor.


enviou o Señor un profeta ós fillos de Israel, que lles falou así: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: Eu fíxenvos subir de Exipto, saqueivos da casa da escravitude,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan