Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 19:9 - Biblia SEPT

9 E dispúxose o home para marchar —el e a súa concubina e mais o criado—, e díxolle o sogro —o pai da moza—: —"Mira que o día vai declinando cara á escuridade. Pasade a noite aquí. Fíxate no devalo do día: pasa a noite aquí e aleda o teu corazón; e mañá madrugaredes para andar o voso camiño e irvos para o teu lar".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 19:9
8 Iomraidhean Croise  

e ordenoulles ós seus criados: —"Cando vexades que o corazón de Amnón empeza a aledarse co viño e eu vos dea o sinal, feride a Amnón e matádeo. Non teñades medo. Non son eu quen volo manda? Forza! Mostrádevos valentes".


Non te gabes do mañá, que non sabes que traerá o hoxe.


Pero eles porfiáronlle, dicindo: Queda connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba. Quedou con eles.


Pero o home non consentiu en pasar a noite alí. Ergueuse e foi e chegou fronte a Iebús —que é Xerusalén—, levando consigo os burros aparellados e tamén a súa concubina.


Daquela sentáronse os dous e comeron e beberon un a carón doutro. E dixo o pai da moza ó marido: —"Anímate, ho, pasa aquí a noite, e que se alede o teu corazón".


O día quinto levantouse de mañanciña para marchar, e dixo o pai da moza: —"Anda, ho, conforta o teu corazón e demorade ata a caída do día". E aínda comeron os dous.


Comeu Boaz e bebeu, aledou o seu corazón e foise deitar a carón da morea de gran. E chegou ela ás caladiñas, descubriulle os pés e deitouse.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan