Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 19:8 - Biblia SEPT

8 O día quinto levantouse de mañanciña para marchar, e dixo o pai da moza: —"Anda, ho, conforta o teu corazón e demorade ata a caída do día". E aínda comeron os dous.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 19:8
4 Iomraidhean Croise  

e viño que alegra o corazón do home; para que co aceite fagan brillar o seu rostro e co pan repoñan as forzas.


O cuarto día erguéronse de mañanciña e el preparouse para marchar, mais dixo o pai da moza ó seu xenro: —"Conforta o teu corazón cun codelo de pan e despois partiredes".


O home incorporouse para marchar, pero, ó insistirlle o sogro, cedeu e pasou a noite alí.


E dispúxose o home para marchar —el e a súa concubina e mais o criado—, e díxolle o sogro —o pai da moza—: —"Mira que o día vai declinando cara á escuridade. Pasade a noite aquí. Fíxate no devalo do día: pasa a noite aquí e aleda o teu corazón; e mañá madrugaredes para andar o voso camiño e irvos para o teu lar".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan