Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 19:6 - Biblia SEPT

6 Daquela sentáronse os dous e comeron e beberon un a carón doutro. E dixo o pai da moza ó marido: —"Anímate, ho, pasa aquí a noite, e que se alede o teu corazón".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 19:6
15 Iomraidhean Croise  

e ordenoulles ós seus criados: —"Cando vexades que o corazón de Amnón empeza a aledarse co viño e eu vos dea o sinal, feride a Amnón e matádeo. Non teñades medo. Non son eu quen volo manda? Forza! Mostrádevos valentes".


A isto díxolle Iezabel, á súa muller: —"Seica non es ti quen manda en Israel? Érguete e come. Sentiraste mellor. Eu conseguireiche a viña de Nabot de Iezrael".


e viño que alegra o corazón do home; para que co aceite fagan brillar o seu rostro e co pan repoñan as forzas.


Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos; descansa, come, bebe e a vivir!"


Cando anden dicindo: "paz e seguridade", daquela caerá de súpeto sobre eles a desfeita, do mesmo xeito que lle veñen as dores á muller embarazada; e, de certo, non han de escapar.


Os habitantes da terra alegraranse e brincarán de alegría e mandaranse regalos uns ós outros, porque aqueles dous profetas atormentaran os habitantes da terra".


Naquela mesma hora veu un gran terremoto e derrubouse unha décima parte da cidade e morreron no terremoto sete mil homes. Os outros colleron medo e déronlle gloria ó Deus do ceo.


E, cando o corazón deles estaba contento, dixeron: —"Chamade a Sansón e que nos divirta". E chamaron a Sansón da cadea, e estivo diante deles facéndoos rir. Despois situárono entre as columnas.


O home incorporouse para marchar, pero, ó insistirlle o sogro, cedeu e pasou a noite alí.


E dispúxose o home para marchar —el e a súa concubina e mais o criado—, e díxolle o sogro —o pai da moza—: —"Mira que o día vai declinando cara á escuridade. Pasade a noite aquí. Fíxate no devalo do día: pasa a noite aquí e aleda o teu corazón; e mañá madrugaredes para andar o voso camiño e irvos para o teu lar".


E saíron ó campo, e vendimaron as viñas deles, e pisaron as uvas, e fixeron festa; e entraron na casa do seu deus, e comeron e beberon, e renegaron de Abimélec.


Comeu Boaz e bebeu, aledou o seu corazón e foise deitar a carón da morea de gran. E chegou ela ás caladiñas, descubriulle os pés e deitouse.


Cando Abigail chegou onda Nabal, encontrouno celebrando unha esmorga de rei na súa casa. Tiña contento o corazón e estaba moi chispo. Ata ó amencer ela non lle dixo unha palabra, nin máis alta nin máis baixa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan