5 O cuarto día erguéronse de mañanciña e el preparouse para marchar, mais dixo o pai da moza ó seu xenro: —"Conforta o teu corazón cun codelo de pan e despois partiredes".
Coa mesma e xa que pasades por onda o voso servo, traerei un anaco de pan. Repararedes con el as forzas, para logo seguirdes camiño". Responderon eles: —"Está ben. Fai como dis".
O día quinto levantouse de mañanciña para marchar, e dixo o pai da moza: —"Anda, ho, conforta o teu corazón e demorade ata a caída do día". E aínda comeron os dous.