Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 19:3 - Biblia SEPT

3 E ergueuse seu marido e foi detrás dela para lle falar ó corazón e facela volver, levando consigo o seu criado e unha parella de asnos; entrou na casa do pai dela, viuno o pai da moza e aledouse do encontro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 19:3
16 Iomraidhean Croise  

Namorado da filla de Xacob, tolo de amor por ela, faloulle ó corazón.


Agora non teñades medo. Eu mantereivos a vós e a vosos fillos". Xosé consolou a seus irmáns e faloulles ó corazón.


Dilles: Se un deixa a súa muller, e ela se vai de onda el, e ela é doutro home, volverá onda ela o primeiro? Por acaso non está profanada esta cidade? E ti non es a prostituta de moitos amantes? Pero volve a min é o Señor quen fala.


Tamén arrasarei as súas videiras e as súas figueiras, das que ela dicía: "Elas son a miña paga, a que me deron os meus amantes": convertereinas nunha matogueira que comerán os animais salvaxes.


Por isto, velaí, eu mesmo a vou seducir: levareina ó deserto e falareille ó seu corazón,


Non terás odio de corazón ó teu irmán; e reprenderás con decisión o teu próximo, para non cargar co seu pecado.


O home que cometa adulterio coa muller doutro, morrerá sen remedio, tanto el coma ela.


Pero cando el marchaba, acendeuse a cólera de Deus, e o Anxo do Señor atravesóuselle no camiño para llo impedir. El ía cabalgando na súa burra acompañado de dous criados.


Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente.


Ela respondeulle: Ninguén, Señor. Díxolle Xesús: Tampouco eu non te condeno: vaite e desde agora non peques máis.


Irmáns, se acaso colledes a alguén nunha falta, vós, coma homes do Espírito, reprendédeo polas boas, termando cada quen de si, que ti tamén podes ser tentado.


Pasado algún tempo, polos días da ceifa do trigo, foi Sansón visitar a súa muller, levando consigo un cabrito, e dixo: —"Voume acaroar á miña muller no seu cuarto". Pero o pai dela non lle consentiu entrar


A concubina foille infiel e liscou de onda el para a casa de seu pai, en Belén de Xudá, e estivo alí durante catro meses.


E chegou a muller ó romper do día e caeu á porta da casa do home onde estaba o marido, ata a alborada.


E retívoo o seu sogro —o pai da moza— e ficou con el tres días: comeron, beberon e pasaron a noite alí.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan