Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 19:16 - Biblia SEPT

16 E velaquí que chegou un vello do seu traballo, polo serán, e o home era da serra de Efraím, forasteiro en Guibah, namentres que os veciños do lugar eran benxaminitas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 19:16
16 Iomraidhean Croise  

Comerar o pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito, ti es po e ó po tes que volver".


Entón sae o home ó seu traballo, ó seu labor, ata o serán.


Cando comes do froito das túas mans, ditoso ti e afortunado.


Riqueza gañada axiña pouco dura, o que a xunta pouco a pouco acrecentaraa.


Todo traballo ten o seu proveito, mais o parolar leva á miseria.


Pon orde no teu traballo exterior, arránxate na túa leira; despois poderás construír a casa.


e propúxenme pescudar e investigar aleuto todo canto acontece baixo o sol: dura tarefa que Deus lles impón ós humanos para que nela se afanen.


Hai un mal de adoecer que eu contemplei baixo o sol: riquezas aforradas por alguén para o seu propio dono.


Corrompéronse profundamente coma nos días de Guibah pero (o Señor) lembra a súa iniquidade e pídelles contas dos seus pecados.


O que antes roubaba, que non roube máis e que se esforce en traballar honradamente coas súas mans, para poder compartir co necesitado.


e porque, cando estabamos onda vós, xa vos demos esta norma: o que non queira traballar, que tampouco non coma.


Naquel entón non había rei en Israel. E aconteceu que un home levita, que vivía no lindeiro da Serra de Efraím, colleu para si unha muller concubina de Belén de Xudá.


Daquela pasaron de largo e foron adiante e púxoselles o sol cerca de Guibah de Benxamín.


E dirixíronse alá para entrar a pasar a noite en Guibah e foi, e estivo na praza da vila e ninguén os acolleu na súa casa para pasar a noite.


E botou unha ollada e viu ó home viaxeiro na praza da vila. E dixo o vello: —"Onde vas e de onde vés?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan