11 Cando estaban á altura de Iebús, ía o día moi adiantado e dixo o criado ó seu amo: —"Ande, faga favor, dirixámonos a esa cidade dos iebuseos e pasemos a noite nela".
O rei marchou cos seus homes sobre Xerusalén contra os habitantes daquel país, os iebuseos. Eles tíñanlle dito a David: —"Non poderás entrar aquí; rexeitarante os cegos e os coxos". Con iso querían dicir: "David non poderá entrar aquí".
No tocante ós iebuseos veciños de Xerusalén, non puideron botalos fóra os fillos de Xudá: e habitaron cos fillos de Xudá en Xerusalén ata o día de hoxe.
Pero ós iebuseos, que habitaban en Xerusalén, os fillos de Benxamín non os puideron botar; e moraron os iebuseos en Xerusalén cos fillos de Benxamín ata o día de hoxe.
Pero o home non consentiu en pasar a noite alí. Ergueuse e foi e chegou fronte a Iebús —que é Xerusalén—, levando consigo os burros aparellados e tamén a súa concubina.
Levo palla e forraxe para os nosos burros e tamén levo comigo pan e viño para min, para a túa servidora e para o criado dos teus servos: non precisamos cousa ningunha".