Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 18:9 - Biblia SEPT

9 E respondéronlles: —"Adiante!: vaiamos contra eles, pois vimos o país, e velaquí que é bo de abondo. E vosoutros seguides quedos? Non sexades lacazáns para irdes tomar posesión daquel país.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 18:9
13 Iomraidhean Croise  

Se valente e esforcémonos polo noso pobo e polas cidades do noso Deus. E que sexa o que o Señor queira".


Polo tanto, mira que o Señor puxo un espírito de mentira na boca deses teus profetas, porque o Señor ten decretada a túa desgraza".


Este díxolles ós seus ministros: —"Non sabedes que Ramot de Galaad é nosa, e nós estámonos aquí quedos, sen arrincala das mans do rei de Aram?" E preguntoulle a Ioxafat: —"Virías comigo á guerra contra Ramot de Galaad?"


Entón Caleb tratou de calmar o pobo, que murmuraba contra Moisés, e exclamou: —"Subamos sen medo e apoderémonos do país, porque nós podemos con eles!"


Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.


E dixo Xosué ós fillos de Israel: —"Ata cando continuaredes sendo lacazáns para pasar a herdar a terra que vos deu o Señor, Deus de vosos pais?


Cando vaiades, encontraredes unha xente confiada e un país folgado, que puxo o Señor nas vosas mans; un lugar no que non hai falta de nada do que hai na terra".


E chegaron onda seus irmáns —a Sorah e Extaol—, e dixéronlles estes: —"Que tal vos foi?"


Coraxe, filisteos! Sede homes, para non convertervos en escravos dos hebreos, como eles o foron nosos. Sede homes e loitade!"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan