Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 18:8 - Biblia SEPT

8 E chegaron onda seus irmáns —a Sorah e Extaol—, e dixéronlles estes: —"Que tal vos foi?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 18:8
7 Iomraidhean Croise  

E na Xefelah, Extaol, Sorah, Axnah,


Había un home de Sorah, da familia dos danitas, chamado Manóah. Súa muller era estéril e non procreara.


E baixaron seus irmáns e toda a casa de seu pai, recollérono e subiron; sepultárono entre Sorah e Extaol, na sepultura de Manóah, seu pai. Sansón fora xuíz en Israel durante vinte anos.


E saíron de alí, da liñaxe dos danitas de Sorah e Extaol, seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra;


E enviaron os fillos de Dan desde aló —desde Sorah e Extaol— cinco homes da súa xente —homes forzudos— para explorar o país; e chegaron á serra de Efraím, á casa de Micah, e pasaron alí a noite.


E foron os cinco homes e chegaron a Laix. Viron que a xente de alí vivía confiada, ó xeito dos sidonios —tranquila e despreocupada—, sen unha institución que domeara; e que estaban lonxe dos sidonios e non tiñan trato con ninguén.


E respondéronlles: —"Adiante!: vaiamos contra eles, pois vimos o país, e velaquí que é bo de abondo. E vosoutros seguides quedos? Non sexades lacazáns para irdes tomar posesión daquel país.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan