Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 18:6 - Biblia SEPT

6 Díxolles o sacerdote: —"Ide en paz, pois a mirada de Deus está posta no camiño que percorredes".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 18:6
12 Iomraidhean Croise  

E os profetas a unha profetizaban: —"Rube a Ramot de Galaad; terás vitoria; o Señor entregaraa nas mans do rei".


Presentouse Miqueas onda o rei, e este preguntoulle: —"Miqueas, podemos ir atacar Ramot de Galaad, ou debemos desistir?" El respondeulle: —"Rube, vencerás; o Señor entregaraa nas mans do rei".


O rei de Israel reuniu os profetas, arredor de catrocentos, e preguntoulles: —"Debo atacar Ramot de Galaad ou debo desistir?" Respondéronlle eles: —"Vai. O Señor entregaraa nas mans do rei".


Os ollos do Señor miran polos seus fieis, polos que esperan na súa misericordia,


Moisés volveu para a casa de seu sogro Ietró e díxolle: —"Quero volver a Exipto, onde están meus irmáns, para ver se aínda viven". Respondeulle Ietró: —"Vai en paz".


Aquí estou eu —é o Señor quen fala— contra os profetas de soños mentireiros, que eles contan para extraviar o meu pobo coas súas mentiras e toladas. Pois nin eu os constituín profetas nin os mandei, nin lles valen absolutamente de nada a este pobo —é o Señor quen fala—.


é un país do que o Señor, o teu Deus, se coidará, e os ollos do Señor, o teu Deus, estarán continuamente postos nel desde o comezo ata a fin do ano.


Que o mesmo Deus, noso Pai, e o noso Señor Xesús, endereiten o noso camiño cara a vós.


Entón dixéronlle eles: —"Pide un oráculo a Deus e así saberemos se a viaxe que estamos facendo sairá ben".


E foron os cinco homes e chegaron a Laix. Viron que a xente de alí vivía confiada, ó xeito dos sidonios —tranquila e despreocupada—, sen unha institución que domeara; e que estaban lonxe dos sidonios e non tiñan trato con ninguén.


Entón díxolle Elí: —"Vaite en paz, e que o Deus de Israel che conceda o que lle pediches".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan