3 Estando eles na casa de Micah, distinguiron a voz do mozo levita, e, achegándose alí, dixéronlle: —"Quen te trouxo a ti aquí? Que estás facendo? A que te dedicas?"
Que tes ti aquí? A quen tes ti aquí, pois cavaches aquí unha sepultura para ti? Eu estou cavando no alto a miña sepultura, estou tallando na pedra o meu lugar de descanso".
Daquela dicíanlle: —"Fai favor de repetir Xibbólet. E dicía: Sibbólet (pois non conseguía pronuncialo ben)". Entón eles apreixábano e degolábano xunto ós areais do Xordán. E caeron naquel entón corenta e dous mil de Efraím.
E enviaron os fillos de Dan desde aló —desde Sorah e Extaol— cinco homes da súa xente —homes forzudos— para explorar o país; e chegaron á serra de Efraím, á casa de Micah, e pasaron alí a noite.