Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 18:2 - Biblia SEPT

2 E enviaron os fillos de Dan desde aló —desde Sorah e Extaol— cinco homes da súa xente —homes forzudos— para explorar o país; e chegaron á serra de Efraím, á casa de Micah, e pasaron alí a noite.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 18:2
20 Iomraidhean Croise  

Xosé acordouse dos soños que tivera acerca deles, e díxolles: —"Vós sodes espías. Viñestes pescudar os lados febles do país".


Os proxectos asegúranse no consello, fai por tanto a guerra con estratexia.


Moisés enviounos a explorar o país de Canaán, e díxolles: —"Subide polo deserto e escalade logo a montaña.


Ou que rei, que sae á guerra contra outro, non se senta primeiro a cavilar se lle chegarán dez mil homes para loitar contra vinte mil?


E na Xefelah, Extaol, Sorah, Axnah,


O lindeiro da súa herdanza collía Sorah, Extaol, Ir—Xémex,


Xosué, fillo de Nun, enviou ás caladas desde Xitim a dous militares de a pé, dicíndolles: —"Ide ver o país, a Xericó". Eles foron e chegaron a casa dunha rameira chamada Rahab, e pararon alí.


Mais foille anunciado ó rei de Xericó: —"Velaquí que chegaron de noite algúns dos fillos de Israel, para pescudar o país".


Había un home de Sorah, da familia dos danitas, chamado Manóah. Súa muller era estéril e non procreara.


E o espírito do Señor comezou a movelo ás veces, no campamento de Dan, entre Sorah e Extaol.


E baixaron seus irmáns e toda a casa de seu pai, recollérono e subiron; sepultárono entre Sorah e Extaol, na sepultura de Manóah, seu pai. Sansón fora xuíz en Israel durante vinte anos.


Había un home da serra de Efraím, chamado Micah.


E saíron de alí, da liñaxe dos danitas de Sorah e Extaol, seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra;


E desde alí pasaron á serra de Efraím e chegaron onda a casa de Micah.


Estando eles na casa de Micah, distinguiron a voz do mozo levita, e, achegándose alí, dixéronlle: —"Quen te trouxo a ti aquí? Que estás facendo? A que te dedicas?"


E chegaron onda seus irmáns —a Sorah e Extaol—, e dixéronlles estes: —"Que tal vos foi?"


Naquel entón non había rei en Israel. E aconteceu que un home levita, que vivía no lindeiro da Serra de Efraím, colleu para si unha muller concubina de Belén de Xudá.


E respondeulle: —"Nosoutros imos de camiño desde Belén de Xudá ata o lindeiro da serra de Efraím. De alá son eu. Fun ata Belén de Xudá, agora vou para a miña casa e ninguén me acolle no seu lar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan