12 e subiron e acamparon en Quiriat—Iearim, en Xudá. Por iso nomearon aquel lugar Campamento de Dan ata o día de hoxe. Queda detrás de Quiriat—Iearim.
En canto á arca de Deus, David leváraa de Quiriat Iearim ó lugar preparado para ela, pois erguéralle unha tenda en Xerusalén.
Quiriat—Baal (que é Quiriat—Iearim) e Rabah: dúas cidades e as súas aldeas.
Desde o cume do monte, continuaba cara á fonte de auga de Neftóah, e saía ás vilas da montaña de Efrón; seguía cara a Baalah —que é Quiriat—Iearim—,
Continuaron camiño os fillos de Israel, e, ó terceiro día, chegaron ás súas cidades. Eran estas Gabaón, Quefirah, Beerot e Quiriat—Iearim.
E o espírito do Señor comezou a movelo ás veces, no campamento de Dan, entre Sorah e Extaol.
E saíron de alí, da liñaxe dos danitas de Sorah e Extaol, seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra;
E desde alí pasaron á serra de Efraím e chegaron onda a casa de Micah.
E mandaron mensaxeiros a Quiriat Iearim con este recado: —"Os filisteos devolveron a arca do Señor. Baixade e levádea convosco".
Os de Quiriat Iearim foron recoller a arca do Señor, levárona á casa de Abinadab, que estaba no outeiro, e consagraron ó seu fillo Elazar para gardala.