Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 18:10 - Biblia SEPT

10 Cando vaiades, encontraredes unha xente confiada e un país folgado, que puxo o Señor nas vosas mans; un lugar no que non hai falta de nada do que hai na terra".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 18:10
14 Iomraidhean Croise  

Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.


No día aquel xureilles coa man erguida, que os sacaría do país de Exipto, para a terra onde eu me aparecera a eles, terra que deita leite e mel, terra que é a máis gloriosa de todas as terras.


o mesmo que me deixaron os fillos de Esaú, que viven en Seir, e os moabitas que viven en Ar, ata que pase o Xordán para a terra que o Señor, o noso Deus, nos vai entregar.


E agora, Israel, escoita as leis e decretos que eu vos ensino a cumprir para que vivades, entredes e tomedes posesión da terra que o Señor, Deus dos vosos pais, vos entrega.


Os ricos deste mundo mándalles que non sexan fachendosos, nin poñan a esperanza na riqueza incerta, senón en Deus, que nos dá para gozar de todas as cousas con gran abundancia.


E emprenderon retorno os dous homes. Baixaron do monte, pasaron o río, chegaron onda Xosué —o fillo de Nun—, e contáronlle todo o que lles acontecera.


E dixéronlle a Xosué: —"De seguro que o Señor puxo todo o país nas nosas mans, pois todos os veciños do país están amedrentados por causa nosa".


O sétimo rodeo sopraron os sacerdotes nas trompetas; e dixo Xosué ó pobo: —"Bruade, pois o Señor entrégavos a vila.


E saíron de alí, da liñaxe dos danitas de Sorah e Extaol, seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra;


Eles, levando o que fixera Micah e o sacerdote que tiña, chegaron a Laix —onda aquela xente tranquila e confiada—, e pasáronos polo gume da espada; e á vila prendéronlle lume.


E foron os cinco homes e chegaron a Laix. Viron que a xente de alí vivía confiada, ó xeito dos sidonios —tranquila e despreocupada—, sen unha institución que domeara; e que estaban lonxe dos sidonios e non tiñan trato con ninguén.


E respondéronlles: —"Adiante!: vaiamos contra eles, pois vimos o país, e velaquí que é bo de abondo. E vosoutros seguides quedos? Non sexades lacazáns para irdes tomar posesión daquel país.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan