Por parte, instituíu unha festa no día quince do mes oitavo, como a festa que se facía en Xudá, e el mesmo rubiu ó altar que fixera en Betel, para ofrecer sacrificios ós becerros, mandados facer por el. En Betel puxo tamén sacerdotes nas ermidas que el construíra nos outeiros.
Deberanlle facer estes ornamentos: o peitoral, o efod, o manto, a túnica bordada, a mitra e a faixa. Para faceren os vestidos sacros para o sacerdocio do teu irmán Aharón e dos seus fillos
cinguiráslles o cíngulo. O mesmo a Aharón coma a eles poralles as súas mitras. O sacerdocio será a súa propiedade para sempre. Así é como investirás a Aharón e a seus fillos.
Corta madeira, estende o cordel, fai unha marca co lapis, trabállaa coa garlopa, logo trázaa co compás, e faina á semellanza dun home, conforme a fermosura dun humano, para que habite no templo.
Velaí o rei de Babilonia, que se para na encrucillada, no comezo dos dous camiños para consultar as sortes: baralla as frechas, consulta os deuses familiares, observa o fígado.
Israel esqueceu o seu Creador e construíu palacios. Xudá multiplicou as cidades nas alturas. Pero eu mando lume contra as súas cidades, que devorará os seus palacios.
Para Aharón e seus fillos farás un estatuto das funcións que eles poderán desempeñar no exercicio do seu sacerdocio; calquera estraño que llelas queira usurpar será castigado coa morte".
Foi el e devolveulle a prata a súa nai. Colleu súa nai douscentos siclos de prata e deullos ó ourive, que fixo con eles unha imaxe esculpida e unha imaxe fundida, que quedaron na casa de Micah.
E faláronlles a seus irmáns os cinco homes que foran explorar o país de Laix e dixéronlles: —"Sabedes que nestas casas hai un efod, uns terafim, un ídolo e unha imaxe fundida? Daquela ídevos informar do que tedes que facer".
El respondeu: —"Collestes os deuses que eu fixera e mais o sacerdote e largástesvos. E que vai ser de min en adiante? E aínda me preguntades que tes! Que é iso que me dixestes que tes?"
E os fillos de Dan erixiron o ídolo que tiñan; e Ionatán —fillo de Guerxom, o fillo de Menaxés— e mais seus fillos, foron sacerdotes da tribo de Dan ata o día do exilio do país.
E Guideón fixo un efod e colocouno no seu pobo —en Ofrah—, e prostituíuse alí todo Israel detrás del, resultando así un lazo para Guideón e para a súa casa.