4 Foi el e devolveulle a prata a súa nai. Colleu súa nai douscentos siclos de prata e deullos ó ourive, que fixo con eles unha imaxe esculpida e unha imaxe fundida, que quedaron na casa de Micah.
Entón profanaredes o revestimento de prata dos vosos ídolos, e botaredes fóra os adornos de ouro das vosas imaxes: coma pano ensanguentado, declararédelas unha inmundicia.
Corta madeira, estende o cordel, fai unha marca co lapis, trabállaa coa garlopa, logo trázaa co compás, e faina á semellanza dun home, conforme a fermosura dun humano, para que habite no templo.
Que vale unha imaxe esculpida? É obra do seu artista. Que vale unha imaxe de metal? É un oráculo de mentira. Confía nela o artista que a esculpiu, facendo deuses mudos.
Maldito sexa o home que faga un ídolo e unha imaxe de fundición —abominación para o Señor, obra das mans dun artista— e o poña en lugar escondido. E todo o pobo collerá a palabra e dirá: Amén.
E devolveu os mil cen siclos de prata á súa nai. E dixo ela: —"Este diñeiro que me pertence, quédalle ofrecido ó Señor en favor de meu fillo, para facer un ídolo e unha imaxe fundida".
E pasaron os cinco homes que foran recoñecer o país e entraron e colleron o ídolo, o efod, os terafim e a imaxe fundida, e mais o sacerdote, que estaba no limiar da porta cos seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra.