Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 17:1 - Biblia SEPT

1 Había un home da serra de Efraím, chamado Micah.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 17:1
11 Iomraidhean Croise  

Estes eran os seus nomes: Ben—Hur, na montaña de Efraím;


Desde o cume do monte, continuaba cara á fonte de auga de Neftóah, e saía ás vilas da montaña de Efrón; seguía cara a Baalah —que é Quiriat—Iearim—,


Xequem (para cidade de refuxio do homicida, na serra de Efraím) cos seus pastos, Guézer cos seus pastos,


e sepultárono no territorio da súa herdanza, en Timnat—Sérah, que queda na serra de Efraím, na parte norte do monte Gaax.


E despois de Abimélec ergueuse para salvar a Israel Tolá, fillo de Puah, fillo de Dodó, un home de Isacar; e habitou en Xamir, na serra de Efraím.


E baixaron seus irmáns e toda a casa de seu pai, recollérono e subiron; sepultárono entre Sorah e Extaol, na sepultura de Manóah, seu pai. Sansón fora xuíz en Israel durante vinte anos.


E díxolle á súa nai: —"Os mil cen siclos de prata que che foran roubados —e polos que ti comezaches a botar maldicións, que incluso as dixeches nos meus oídos—, velaquí que esa prata téñoa eu, collina eu". E dixo súa nai: —"Bendito sexas de Iavé, meu fillo!"


E desde alí pasaron á serra de Efraím e chegaron onda a casa de Micah.


E enviaron os fillos de Dan desde aló —desde Sorah e Extaol— cinco homes da súa xente —homes forzudos— para explorar o país; e chegaron á serra de Efraím, á casa de Micah, e pasaron alí a noite.


E cando chegou, tocou a trompeta na serra de Efraím, e baixaron canda el da montaña os fillos de Israel, e el ía diante deles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan