Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 16:7 - Biblia SEPT

7 E respondeu Sansón: —Se me amarrasen con sete nervios tenros —que non secasen aínda—, amolecería e sería coma un dos outros homes".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 16:7
12 Iomraidhean Croise  

Falar sincero dura para sempre; fala embusteira, tan só un intre.


Non di ben no parvo un falar escolleito, moito menos no nobre a fala mentireira.


E por que non dicir xa (como algúns con calumnia din que dicimos nós): "Fagamos o mal para que resulte o ben?". Esa xente merece a condenación.


Non vos levedes a engano, que de Deus non hai quen faga riso. Conforme sementes, recollerás.


Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos


E díxolle Dalilah a Sansón: —"Velaquí que te mofaches de min e me contaches mentiras. Agora, anda móstrame con que habería que amarrarte".


E dixo Dalilah a Sansón: —"Móstrame de onde che vén a túa gran forza, e con que terías que ser amarrado para domearte".


E leváronlle a ela os príncipes dos filisteos sete nervios tenros —que non secaran aínda—, e ela amarrouno con eles.


Había xente á espreita no seu cuarto e berroulle ela a el: —"Os filisteos vanche ó lombo, Sansón!" Entón el desfixo os nervios como se desfai un fío de estopa cando se lle achega o lume e non se descubriu o segredo da súa forza.


Xaúl díxolle a Micol: —"Por que me enganaches deste xeito deixando que o meu inimigo escapase?" Micol respondeulle a Xaúl:


Aquix preguntáballe: —"Onde saqueastes hoxe?" E David respondíalle: —"No Négueb de Xudá, no dos ierahmelitas ou no dos quenitas".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan