Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 16:5 - Biblia SEPT

5 E subiron onda ela os príncipes dos filisteos e dixéronlle: —"Sedúceo e pescuda de onde lle ven a súa forza e de que xeito lle poderemos, para amarralo e sometelo. Daquela darémosche cada un de nós mil cen siclos de prata".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 16:5
17 Iomraidhean Croise  

Esaú emprendeu a viaxe de volta para Seir,


As súas mans están adestradas para o mal: o príncipe asoballa, o xuíz extorsiona por diñeiro, e o grande fala a palabra do seu propio apetito,


díxolles: Canto me dades se volo entrego? Eles acordaron darlle trinta moedas de prata.


Desde Xihor, que está enfronte de Exipto, ata o lindeiro de Ecrón, polo norte —que se ten por cananeo—, os cinco principados dos filisteos: o de Gaza, o de Axdod, o de Axquelón, o de Gad e o de Ecrón, a maiores dos hivitas.


Mais no sétimo día, dixéronlle á muller de Sansón: —"Persuade a teu home de que nos desvele a adiviña; se non prenderémosche lume a ti e á casa de teu pai. Ou é que nos chamaches para nos espoliares? E logo non?"


E despois disto namorouse dunha muller, no val de Sorec, que se chamaba Dalilah.


E dixo Dalilah a Sansón: —"Móstrame de onde che vén a túa gran forza, e con que terías que ser amarrado para domearte".


E díxolle á súa nai: —"Os mil cen siclos de prata que che foran roubados —e polos que ti comezaches a botar maldicións, que incluso as dixeches nos meus oídos—, velaquí que esa prata téñoa eu, collina eu". E dixo súa nai: —"Bendito sexas de Iavé, meu fillo!"


cinco príncipes dos filisteos, e todos os cananeos, os sidonios e mais os hititas (que habitaban na montaña do Líbano, desde o monte Baal—Hermón ata Lebo—Hamat).


Aquix chamou a David, para dicirlle: —"Pola vida do Señor! Ti es home de ben e gustaríame moito verte entrar e saír a canda min no campamento, pois, desde o día da túa chegada ata hoxe, non atopei maldade en ti. Pero os outros príncipes non te ven con bos ollos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan