Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 16:2 - Biblia SEPT

2 E déuselles a noticia ós gazatitas, dicindo: —"Anda por aquí Sansón". E fixéronlle un cerco e axexárono toda a noite á porta da vila, agardando toda a noite, cavilando: —"ó chegar a luz da mañá, matarémolo".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 16:2
11 Iomraidhean Croise  

Pero os viñateiros, ó veren o fillo, comentaron: "Este é o herdeiro: veña, matémolo, e a herdanza será nosa".


Ao raiar o día, todos os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo celebraron consello contra Xesús, para condenalo á morte.


Cando vexades a Xerusalén asediada polos exércitos, sabede que está a chegar a súa destrución.


Vós, logo de acordo co Sanedrín, pedídelle ó tribuno que volo traia diante de vós, como para examinardes máis a fondo o seu caso; pola nosa banda, estamos dispostos a matalo antes de que chegue.


mais Saulo chegou a saber o que andaban argallando. Día e noite vixiaban as portas da cidade, para lle daren morte.


E tivo sede de abondo, e clamou polo Señor, dicindo: —"Ti puxeches nas mans do teu servo esta gran vitoria. E agora vou morrer de sede, e caer nas mans dos incircuncisos?"


E Sansón durmiu ata a media noite, ergueuse a media noite, agarrou as follas da porta da cidade, cos dous esteos, e arrincounas coa tranca, e púxoas enriba dos ombros, e subiunas ó cume do monte que está por riba de Hebrón.


Aquela mesma noite mandou Xaúl mensaxeiros á casa de David para que o vixiasen e matalo pola mañá. A súa muller Micol avisou a David: —"Se non te pos a salvo esta mesma noite, mañá serás home morto".


Xaúl ía por un lado do monte e David cos seus homes polo outro. David ía de présa, para escapar de Xaúl, e Xaúl cos seus homes cercaba a David e ós seus, para atrapalos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan